miércoles, 14 de marzo de 2012

8 de MARZO DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Con motivo da celebración do día da muller traballadora @s rapac@s de sexto visitaron no xeriátrico de Carballo a un grupo de mulleres, que aínda que non famosas ,si valentes polo traballo realizado durante toda unha vida.
Algunha delas de avanzada idade e cunha vida chea de penurias , nas que tivo que sacar adiante cinco fillos cativos ela soa, por quedar viúva moi nova.Noutros casos facendo traballos de homes, na mina, descargando camións .Outras que tiveron que emigrar e contaban como se desenvolvían nas tarefas diarias nun país cun idioma diferente.



@s rapac@s viñeron encantados e engaiolados coas historias.Preguntábanse algúns, si o que contaban sería certo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario