martes, 25 de febrero de 2014

EXCURSIÓN A SANTIAGO

O pasado xoves ,día 20 de febreiro,os nenos e nenas de sexto fíxemos unha excursión a Santiago. Foi unha viaxe do máis interesante e na que adquirimos moitos coñecementos . Visitamos o parlamento, onde nos explicaron como é o traballo dos parlamentarios.Estivemos nas salas de reunión que teñen os diferentes partidos políticos.Sentados nos escaños do hemiciclo,chegamos a sentirnos verdadeiros deputados defendendo as nosas propostas. Dende as cubertas da catedral admiramos as diferentes prazas e os seus estilos arquitectónicos. A guía dounos unha lección de historia partindo do Pórtico da Gloria. O tempo restante dedicámosllo á Cidade da Cultura.

No hay comentarios:

Publicar un comentario